Wednesday 15 de May de 2024

A Delegación Territorial da Coruña conta desde fai uns días con dúas uniades de desinfección de vehículos


 

Estes equipos prestan servizo aos coches de Protección Civil e Policía Local dos concellos coruñeses, así como aos da Administración Autonómica e da Policía Autonómica

A Delegación Territorial da Xunta na Coruña puxo en funcionamento fai uns días dúas unidades de desinfección de vehículos por ozono. O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, destacou que esta é unha nova medida para axudar na loita contra o coronavirus, nesta caso permite hixienizar de forma rápida e eficaz os vehículos de uso público e de emerxencias. Nesta primeira semana de funcionamiento xa se actuou en vehículos de distintos concellos da provincia como Abegondo, Cabanas e Oleiros.

Así, esta dotación estase utilizando para desinfectar os vehículos das agrupacións de Protección Civil e Policía Local dos concellos da provincia, así como os da Administración e da Policía Autonómica.

A iniciativa vén a complementar os labores de desinfección nas contornas de centros asistenciais, e distintas medidas de protección que está facilitando a Xunta a todos os concellos, residencias de maiores e outros puntos vulnerables para incrementar a seguridade fronte ao coronavirus.